lunes, enero 29, 2007

Vai casar

O outro día chegou o traballo un compañeiro decindo que coñeceu unha tía que tiña casa, coche e era enxeñeira química e que pensaba casar con ela se perdía 25 libras. Que podía ser a muller da súa vida. E vai e lle di o outro: "Willie dejate de salir tanto y asienta la cabeza." E o tío con 22 anos pensando en ter unha nena, que quere unha nena. E todo esto tendo un traballo de merda. ¿Terán cabeza estes?

Eu pola miña parte continuo preparando o LPI 2.

domingo, enero 07, 2007

Non empeza mal o ano

Pois por fin o Depor volveu gañar. Xa era hora, nove partidos eran moitos. A ver se collen confianza e non pasamos apuros a final de temporada.

Configurei as X e a Airport Extreme no meu novo iBook en Gentoo. Tamén me custou, sobre todo as X. Ca Airport Extreme xa teño bastante experiencia, sobre todo en Debian e Ubuntu. Mirade que guapo.

A última do traballo. "Non se pode ver Brokeback Mountain porque saen homes besándose." ¿Terán medo de volverse homosexuais? Non sei cal será o problema que teñen. O mellor pensan que a homosexualidade é unha enfermedade e se transfiere polo aire, non sei. Son parvos de carallo.

Estou a mirar se atopo outro traballo. Teño medo de rodearme de tanta cultura.

Je suis CCNA, ¿:Et vous?