martes, mayo 16, 2006

Sociedade

O que son as cousas. Este pais as veces é maravilloso. Onte ofrecéronme ser socio nunha empresa. A verdade é que sería un salto cualitativo considerable. O problema é que terí que traballar con Window$$ a maioría do tempo, non deixaría de lado Linux claro, pero tería que aprender o SO de Billy Portones. O bo é que traballaría para mín e poderí aprender moitísimo. Serí cuestión dun ano que é máis ou menos o que tiña pensado quedar por aquí, logo marchar que o mundo é moi grande e hau moitas cousas por ver. Xa vos terei informado. O nome da empresa? Iso é un secreto empresarial. Qué faría eu? Pois a parte de networking, seguridade e esas cousas.

Cambiando de tema. Xa rematou a crise financieira do governo e xa están de volta os 95000 empregados públicos.

martes, mayo 02, 2006

Puerto Rico está en quiebra

Pois vai ser que sí. Puerto Rico está en quiebra e o goberno pechou, non todo, pero unha gran parte. As escolas están pechadas, sí, as escolas están pechadas tal e como soa. Estase a falar de aprobar un imposto as ventas (tipo IVE) do 6%, pero os partidos políticos deste país non se poñen de acordo. Podedes ver a crise en directo en El Nuevo Día. Eu non entendo este país, están todos tolos. Xa falarei máis que teño que ir traballar.