Ola xente:
Xa levaba tempo sen escribir. Vexamos... novas... suspendín o
CCNA, pero o vou volver coller en marzo, a ver se desta vai. O
Depor perdeu onte no Camp Nou. Teño que pagar $1000 de seguro de coche, teño que pagar a facenda agora en abril, aínda que creo que non moito. Tiña pensado ir a ver a final da Copa Borbónica se se metía o Depor, pero creo que non o vou facer. Esta facendo moi bo tempo. Ahhh! este mércores vou ir a ortopeda a ver se me arranxa o xeonllo esquerdo dunha puta vez, porque aínda non sei que teño. Pero antes teño que pagar $630 por unha resonancia electromagnética. A este paso vou reactivar a economía do país de carallo.
Bah! non sei que máis contar, non fagades travesuras e portadevos ben. :)