sábado, octubre 07, 2006

pachangas

Tódolos lúns xogamos unha pachanga nun campo de fútbol preto da praia. Hoxe gañamos 7 a 6. Eu non marquei ningún gol porque case sempre xoge no medio campo ou na defensa. Hai un chavalin puertorriqueño que a rompe, ten fũtbol nas botas para dar e tomar. Estã ben para pasar o tempo e esquecer a merda do día a día.

Perdeuse a conta do hospital. Non sei se pagaran, pero eu estaba ata os collóns de traballar de balde. Agora meteron outra xente, que paguen e logo lles den polo cú.

Díxenlle o meu amigo que abandonaba a empresa. Non é un negocio rentable, polo menos para mín. Vou ver se atopo algo de Linux na illa. Sei que me vai costar, pero non se pode seguir traballando como un burro e aínda encima de balde.

O tempo que este sen traballar vou estudiar para o CCNA que aínda teño pendiente e aprender cousas. Podo aprender Java e PHP, ou eu que carallos sei.

Estou a tentar instalar Gentoo, bueno, xa a instalei agora teño que configurar as X. E que merquei un iBook novo, estaban moi ben de prezo e non puiden resistir. Costoume só $580. De momento ten instalado MacOSX, Ubuntu e Gentoo

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

bueno home, todo é cuestion de desconectar, ehhe, nada tu busca algo de xeito ou se non emigra! ;P
biquiños!

12:29 PM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home