Día da LIBERDADE
Pois o día once de outubro vouno declarar día da liberdade. Sí ese día rematou a miña esclavitude en Axysnet, a empresa na que en teoría era socio. Despois de catro meses e só ter percibido $1225 decidín que o día once remataba a merda esta. En catro meses nunca me ensinaron ningún contrato. Cando digo que me vou vai e dime que lle teño que traballar ata fin de mes, non me dí nada de pagarme as horas traballadas para a súa empresa cando en teoría nos reunirímos para facer contas. Só me pagaría o traballado para o hospital. Anda e metete o diñiro polo cú, eu valgo máis de $4000, non lle traballo máis o merda ese. ¿Cantas veces quedei traballando ata as 00:00 hrs. e o único que me deu foron as gracias? E logo dime que eu non traballo, que son pouco emprendedor. Nada, teño para escribir un libro. ¿Cómo se chama o meu pseudo-amigo? Jorge Socca. Por eso declaro o día once de outubro como o día da liberdade, polo menos a miña.


1 Comments:
probando
Publicar un comentario en la entrada
<< Home