domingo, octubre 30, 2005

FlightPlan

Hoxe fun ver Flightplan. Bah! non estÿ mal, deíxase ver. Respecto os actores o único bó è Jodie Foster. A trama vai dun pasaxeiro(Jodie Foster) o que lle secuestran a filla no medio dun viaxe transatlántico de Berlin a New York.

Estiven a buscarlle o filtro a lavadora e non o atopo. Debe ser porque as lavadoras iankis sonche raras de carallo. Estame a lavar a roupa con moita pelusa e creo que é filtro.

Non fixen máis nada no finde, o sábado estiven a estudiar para o CCNA e hoxe aproveitei para limpar un pouco a casa, aínda que só sexa pasar a fragona.

Ahh! xa casi esquecia, parece ser que as clases de Linux na academia van adiante. Xa vos terei informados.

martes, octubre 25, 2005

Vacacións

Levo de vacacións preto de tres meses. Sí, ese é precisamente o tempo que levo traballando. Imos moi lento no proxecto e o xefe o sabe, pero dí que é normal. A este paso non sei cando carallos iremos acadar algo. Persoalmente aprendin máis cousas cando estaba sen traballo, aprendin Zope, Apache, FreeBSD e outras cousas máis. No traballo en tres meses levo aprendido catro merdas de Vista e para de contar. Non sei que é que estamos como o país, dous pasos adiante e tres atrais ou que carallos pasa. Se non fose porque estou a facer o CCNA diria que estou a perder o tempo dunha maneira impresionante. O mellor de todo é que cando lle dixen o xefe como estabamos dixo que estaba contento co noso traballo, que xa lle tería gustado ter feito máis cousas, pero este programa é así, moi grande e nos non o coñecemos. Seguir nesta situación pode ser moi perigoso para a miña carreira profesional.

lunes, octubre 24, 2005

Cine

Onte fun ver Elizabethtown a Caribbean Cinemas. Nada, está ben ,pódese ver. Típica americanada, chea de amor, bla, bla, bla. Por certo, non hai sexo, nada de nada, nin un mísero pezón.

Teño vinte tantos anos e falo mal porque cando vivía en Europa non lle tiña que explicar en ninguén onde quedaba Bélxica. E non tiña que aturar que teñen un exército de merda e que se lles pode bombardear fácilmente. Non tiña que explicar onde queda Milán, nin ter que aturar que o único bó é a milanesa de Churchs. Que para sair pola noite hai que ir a Denys(multinacional ianki) e que para beber viño, bebo viño Canario (viño de cociña), total o obxetivo é o mesmo, emborracharse. ¿Entendedes porque as veces digo merda e carallo? Welcome to my country! como dí un amigo meu.

As tías do Powerbook, reservome o dereito de decir quen son e porque están de fondo de pantalla. Tráeme bos recordos.

domingo, octubre 23, 2005

Teño un Powerbook G4

Xa me chegou o meu novo Powerbook G4 de 12 pulgadas. Chegoume o xoves. ¿Canto me durou o MacOSX? Pois duroume 2 días porque lle empezei a meter Debian GNU/Linux. Aínda teño que meterlle FreeBSD e Yellow Dog Linux. Antes con MacOSX.

Facendo un apt-get en Debian.

Teño problemas co touchpad e o son, pero pouco a pouco os iremos arranxando. Por certo o MacOSX paréceme unha merda de carallo. Xa sei porque a xente lle gusta tanto. A xente ven de Window$$ e de repente ven un SO sin virus e baseado en UNIX e corrense do gusto. Pero en realidade é unha puta merda, non respeta o FHS, o seu terminal non desaparece o facer Ctrl+D e moitas outras merdas máis. O mellor de todo é que esta baseado en FreeBSD e o cambian todo. Vamos, usan Open Source para facer SO propietarios. Manda carallo!

miércoles, octubre 12, 2005

Anécdota de Aikido

Aquí vai a anécdota de Aikido. Pois nada, estabamos a facer nikyo e o tío non lle saía moi ben. Eu na medida do posible (dende o chan) trataba de explicarlle o que tiña que facer, pero era un pouco complexo. Dígolle:"Cuando acabe la clse te lo explico.". Remata a clase, o colle e lle digo:"Baixa o chan. Cúbrete, porque que te den una patada en los huevos no es nada agradable. Cuando el uke está en el suelo no se tira de él como si fuera un saco de patatas, se gira alrededor de su cabeza como si fuera un tornillo. Se le dobla el codo y se gira alrededor de su cabeza. Luego siempre se baja primera la rodilla de la nuca, nunca la de las costillas. Si bajas primero la de las costillas pierdes control. Esto es sagrado, esto va a misa." E sigo:"Al hacer un kote-gaeshi coges de arriba para abajo, pulgar a la base del meñique y una vez coges no vuelves a soltar." Vai o tío e dí:"Ahh! pues a mí me gusta más como lo haces tú que como me enseñan aquí." Eu ante a situación dígolle:"Bueno, es que somos escuelas distintas, tenemos distintos maestros..." Esa foi a anécdota, non pasou a maiores.

Hoxe fun mercar un chubasqueiro a Macys, non había talla M e tívenme que foder e mercalo L e aínda por rriba parou de chover. Manda carallo! Unha semana chovendo, merco un chubasqueiro e para. Debo de ter poderes sobre o tempo.

Como aínda teño uns minutos vouvos contar o meu día. Almorzei ovos con tostadas, estudie para o CCNA, as 12:00 fun o banco, xantar en Ponderosa e mercar o chubasqueiro. Dentro duns momentos voume ir correr non vaia ser que adopte o American Way of Life e chegue a pesar 300kg. Ata no meu próximo post admirador@s. ;)

martes, octubre 11, 2005

Powerbook G4

Hoxe merquei un Powerbook G4 de 12 pulgadas. Aínda non o teño porque non me chega ata o martes que ven, non tiñan ningún en Compusa. ¿O prezo? $200 máis que se o mercas pola rede, pero Apple non vende a Puerto Rico, por materia de taxes ou non sei que carallos, resumindo $1900. ¿Para que o quero? Vos ides cagar co que lle vou meter o PowerBook, voulle meter Yellow Dog Linux, Debian e FreeBSD. O problema que vou ter sera que non me vai funcionar o airport extreme, Broadcom non livera os drivers creo que porque fan broadcast nunha frecuencia militar ou algo así. ¿Qué vou facer co Compaq? Vouno poñer de servidor web o vou ver se configuro un servidor de correo tamén, se teño tempo ata métome co Zope. Cando me chegue vos poño algunhas fotos do portátil.

Mañá vos conto a anécdota de Aikido, que é unha verdadeira bobada, pero xa que insistides tanto... Que carallo! ;)

viernes, octubre 07, 2005

O coche

Este é o coche que teño na illa, é un Toyota Corolla. Eu prefería ter un M1-A1 Abrams, pero parece ser que o U.S. Army os ten todos ocupados en Irak.

Fai preto dun mes empezei a practicar Aikido cun grupo preto da miña casa. Non hai nin comparación co grupo de Santiago, a diferencia é como da noite o día. Onte lle estiven a ensinar como se facía un kote-gaeshi a un alumno e díxome que lle gustaba máis como o facía eu que como lle ensinaron en Puerto Rico. Non sei, é unha longa historia.