Google esta a buscar un administrador de sistemas Linux para a cidade de New York. Non hai que saber moito, 2 anos de experiencia, NFS, NIS e algunha outra cousa máis.
Aquí tedes o link a nova. A ver se alguén do
GLUG se apunta. Bah! non creo.
Cambiando de tema. Polo que parece no traballo vou ter que dar un curso de introducción a
Linux. Estiven tamén a falar co xefe e díxome que mentres que fora Open Source podía facer o que quixera. Vamos que vou poder trastear en
FreeBSD,
Debian,
Suse... e canta distribución haxa polo Mundo. Pode ser unha experiencia moi interesante, xa me vexo aprendendo
IPTables,
SSL e un montón de cousas máis. Ten toda a pinta que vou ser o administrador de redes. O outro día pregunteille o xefe:"¿Por qué Linux (Open Source)? e dixo:"Porque es gratis." Vou ter que ensinar a verdadeira filisofía do Open Source, o feito de que compartes os coñecementos, que formas parte dunha comunidade, que tes acceso o código, que tes liberdade...