domingo, julio 31, 2005
Sí, hoxe pola mañá vin a luz. Mira que levo tempo perdido ca merda dos ordenadores, Software libre, bts, bytes e non sei cantas merdas máis. Non, o verdadeiro diñeiro esta no negocio do sexo fornicio. Eu teño dúas habitacións e unha está valeira, pois a habitación valeira pódese alugar para que a xente se adique o fornicio de vez en cando. Xa incluso pensei no prezo, $30/hora. Non teño ningún problema en que sexa unha orxía, dúo lésbico, dúo homosexual o que desexe o cliente, incluso pode traer o seu propio can ou gato, un burro non, xa que son máis grandes e poden dar problemas. Se o negocio vai, que sei que vai ir, podo alugar máis habitacións e crear distintas salas. A sala sadomaso, a sala dos 60, a sala hippie...O ideal sería crear unha multinacional tipo McDonalds ou Starbucks, pero adicada o negocio do sexo. Cos meus coñecementos de informática aínda podería montar unha sala de sexo en vivo na que a xente tivera que pagar por minuto ou algo así. ¿Qué vos parecen as miñas ideas capitalistas neo-liberais sexo orgásmicas? Acepto suxerencias.
Starbucks Cafe
O venres fun tomar un café o Starbucks de San Patricio, un centro comercial. Os centros comerciais neste pa%#237s son unha praga, non hai diñeiro para educación, pero hai diñeiro para centros comerciais. Viva o consumismo! Imos o que imos, que o dos centros comerciais é un tema para outro día. Pois nada, os Starbucks son o típico exemplo de merchandising de merda, música relaxante, unha librería o lado, ambiente pseudo-progre e $4.15 por un café pequeno con leite de soja. Sobre todo cando o prezo do café está polo chan debido a superproducción(superavit de café). ¿Canto será o seu marxe da ganancia? 150%, 200% ou 250%. Non deixan de ser unha multinacional de merda, son como o McMerda, pero co café. Persoalmente preferiría o café na Praza da Quintana, pero eu non estou en Compostela, eu estou no quinto mundo.
viernes, julio 29, 2005
Novas
Onte chegoume este libro de BSD. Merqueino por Amazon.com. Custoume $18.96 e aforrei $7 respecto o prezo regular. Aínda me deben outro libro de FreeBSD, debe de chegar hoxe.
Cambiando de tema. Este país vai de puto cú. Os franceses baixaron a xornada laboral a 35 horas, pois nada o gobernador quere baixar a xornada laboral a 4 días.Aquí tedes a nova. Todo sube, pero baixan a xornada laboral. Non sei, o mellor dentro dun ano vou buscar traballo de Debian Developer a Bagdad ou algo polo estilo.

domingo, julio 24, 2005
Puto PP
Os fillos de puta do Partido Popular non teñen vergonza. Agora sae Acebes dando leccións de como manexar unha catástrofe. Parece ser que xa non lembran de cando Aznar tardou un mes en visitar Galiza cando foi a catástrofe do Prestige para só estar pola Coruña tres horas de merda. Logo preguntan onde estaba o exército, pero si o exército tardou un mes en vir a Galiza a botar unha man. Fillos de puta do carallo, xa podían arder no incendio e meterse a lengua no cú.
Cambiando de tema. España vai recibir misiles Tomahawk dos EEUU. Agora temos que buscar unha guerra para usalos, non vaia ser que queden obsoletos.
Cambiando de tema. España vai recibir misiles Tomahawk dos EEUU. Agora temos que buscar unha guerra para usalos, non vaia ser que queden obsoletos.
sábado, julio 23, 2005
Páxina Web
Estou facendo probas no portátil, xa teño correndo o servidor Apache. Puxen unha galería de imaxes con fotos de Paris e New York. Estou a utilizar o Coppermine. Podedes velas aquí. As veces apago o portátil, tratade noutro momento e perdoade as molestias.
viernes, julio 22, 2005
Gústame este país
Sí, damas e cabaleiros este país é unha maravilla. Van subir o prezo da auga un mínimo dun 128%, os peaxes un mínimo dun 40%, a electricidade creo que un mínimo dun 40%, agora resulta que temos escasez de gasolina pola folga dos camioneiros. Aquí tedes a nova. Esto implica que o gobernador tivo que movilizar a Guardia Nacional para escoltar os camioneiros que non apoian a folga. Onte podíanse ver filas de algúns kilómetros para botar gasolina. Esto cada vez parece máis unha república bananeira. ¿Será porque o é?
martes, julio 19, 2005
Traballo en Borders
Xa volvín. Non, non estiven de viaxe polo Irak, era que non tiña nada novo que contarvos, e polo tanto non puxen nada no weblog. Ben, imos o que imos. Onte chamáronme da librería Borders para unha entrevista de traballo hoxe, como non tiña nada que perder fun dar unha volta a ver que pasaba e de paso lles botaba unha ollada a uns libros de FreeBSD. A entrevista foi ben, de paso dixéronme que pasara directamente a falar ca xerente, aínda que eso normalmente faise outro día, pero como me veían moi ben me pasaban directamente. Pois nada, alí vamos a entrevista ca xerente. Díxome:"Nosotros somos la tienda Borders que más vende de todo EEUU." Digo eu :"Me agrada saber eso. Yo creía que en Puerto Rico no se leía.", ela resposta:"Si, nosotros somos la tienda que más vendemos de EEUU..." Agora agarradebos forte de carallo, pero que moi forte de carallo. "Las secciones que más venden son:
"Quisieramos vender más de otras secciones, pero eso es lo que más se vende." ¿Sabedes o significado do que a xerente dixo? Significa que este é un país de ignorantes. ¿Cómo pode ser que a librería que máis vende dos EEUU a sección que máis vende sexa a de metafísica, relixión ou non sei que carallos? E logo vai e dí: "La gente está como que buscando algo, el no sé qué..." Manda carallo!
Polo demáis dixo que os traballadores de Borders podían levar os libros a casa prestados durante un mes, logo si querían os podían mercar cun 33% de desconto. Eso paréceme ben, a ver se empezan a pensar co risco que eso conleva.
Eu vou seguir a ler La Iliada de Homero, non vaia ser que me de por empezar a mercar libros de autoaxuda.
- Religión
- Autoayuda
- Metafísica

jueves, julio 07, 2005
Problemas no FreeBSD
Seguimos a ter problemas co FreeBSD. Pero o que máis me toca os collóns é que a xente de Macromedia non me faga un driver para o Mozilla. Pois nada, agora resulta que se queres ver os Flash en FreeBSD teste que foder. Non só iso, senon que tamén estiven a tratar de poñer o JRE e o Real Player e tampouco houbo maneira. Eu creo que é todo un complot xudeo masónico para foder o demiño. Por certo, a miña caixa(box) chámase London e non ten nada que ver co triste atentado de hoxe.
martes, julio 05, 2005
Venezuela
O seguinte son algunhas das cousas que tiven que escoitar onte sobre a situación en Venezuela. "Claro, es que ahora a la gente le pagan por estudiar." "Estan metiendo médicos cubanos en todas las barriadas de Venezuela y los médicos venezolanos se tienen que ir al paro." "Le esta dando comida a todos los pobres." "El año que viene hay elecciones, pero Chavez lo tiene todo arreglado, a los militares los tiene todos comprados, les paga un chorro de chavos." "Van a meter a Fidel en Venezuela.", e outras cousas máis das que aínda non me lembro. ¿Sabedes o malo de todo isto? Que o dicia como se que a xente estudie e coma fose algo malo. Manda carallo!
Cambiando de tema. Xa teño configurado as X no entorno gráfico do FreeBSD.
Cambiando de tema. Xa teño configurado as X no entorno gráfico do FreeBSD.
lunes, julio 04, 2005
Borders
Xa fai un tempo que vos prometido poñervos algúns libros de Borders, pois ben, aquí vai. Estos son de FreeBSD. O da esquerda está moi ben, o da dereita, pode estar mellor.
Estes son do Webmin e de como crear un sistema LAMP. O do sistema LAMP no é para ningunha distribución en concreto.
Os últimos son estes tres, hai ata un de licencias, a este paso imos ter que estudiar dereito. Logo hai outro do Linux de SUN, o JDS que parece un GNOME de toda a vida, pero cun nome megachupiguai do mundo-mundial e por último un de Linux empotrados. Pois nada, como vedes cada vez hai máis libros de software libre, polo tanto iso significa que o software libre cada día medra máis.

domingo, julio 03, 2005
Vou crear unha relixión
Sí, onte vin a luz. Eu xa o tiña pensado dende fai un tempo, e vouno facer. Vexo que neste país na relixión hai moitos cartos enton vou crear dúas relixións. Sí, dúas relixións para poder ter dúas fontes de ingresos, porque o mellor unha sóa sae mal. A primeira vai ser a relixión de Xavi/TUX, e eu serei o apóstolo de TUX na Terra. Entón tódolos días que fagamos misa todo o mundo vai ter que darme un billete de $50. Porque eu son a hostia como misioneiro de TUX no mundo-mundial. Entón a outra relixión vai ser a de Xavi/FreeBSD, onde imos adorar o demo de FreeBSD, e claro, tamén van ter que pagar para oirme dar misa. Pero esta relixión non vai ser moi políticamente correcta porque imos adorar un demiño con tenis.
¿Por qué teño estas ideas? Porque neste país as relixións non pagan impostos, nada, de nada, de nada, é un negocio onde as ganancias son todas para tí. Eu o vexo como un negocio moito máis rentable que pasarse a vida compilando o kernel. A foto de abaixo é do museo da Biblia, é un edificio de preto de 10 plantas, e o lado teñen unha carpa xigante onde dan as misas protestantes. ¿Vedes como a relixión é un negocio rentable?

O novo Longhorn
Pois sí, damas e cabaleiros. Teño o longhorn de Window$$, é un pouco raro. Ten os Gdesklets, OpenOffice, Firefox, Gimp, Gaim e non sei cantas cousas máis. A verdade é que é moi parecido o Linux, ata ten un terminal onde podes facer un uname -a, logo sae Linux Paris 2.6.8-2-386 ....,pero en realidade é un Window$$ de toda a vida. non sei, a verdade é que esta vez fixeron un bó traballo os de Redmond.
¿Qué Denis? ¿Hai collóns ou non?
¿Qué Denis? ¿Hai collóns ou non?
sábado, julio 02, 2005
O kernel FreeBSD
Xa sei compilar o kernel do FreeBSD. É moito máis fácil que compilar o kernel en Linux. Só tes que editar o ficheiro /usr/src/sys/i386/conf/GENERIC e comentar e descomentar opcións, logo fas make buildkernel e make installkernel. Fas un reboot do sistema e xa está. O mellor de todo é que non peta e últimamente estiven tratando de compilar un 2.6 e sempre me petaba despois de estar a compilar 1 hora. Non sei se estarei a perder facultades. Outra cousa, compila moito máis rápido que o kernel de Linux.
Onte esquecín dicirvos que me chamaron de FirstPointPR o xoves. Que me escolleron para traballar que a semana que ven me chaman para falar do meu soldo, polo tanto parace que atopei un traballo.
¿Creedes que o demo de FreeBSD debe poñerse a réxime? A mín paréceme que ten un pouco de sobrepeso, debe ser que pasa todo o tempo compilando o kernel e non fai exercicio.

viernes, julio 01, 2005
Tolerancia ou incultura
Onte legalizaron o matrimonio homosexual en España. Hoxe fun coller o almorzo e xa empezan os comentarios. "Ahora hay muchos que se van a ir pa' España." "Están todos los aviones pa' España llenos hasta enero." "El maestro hoy salió del armario." Aquí tedes a nova nun periódico puertorriqueño. Se non te fas tolerante neste país non te fas tolerante en ningún. Manda carallo o que hai que aturar.
¿Sabíades que en Nova York non se pode beber alcol ata que non tes 21 anos? Ou sexa, con 17 podes entrar no Army e facer a masacre da túa vida, pero non podes beber alcol. Esto lémbrame o da guerra de Vietnam. "Too old to kill, too young to vote." só hai que cambialo a "Too old to kill, too young to drink." Manda carallo! Están todos tolos.