Hoxe é festivo en Puerto Rico. ¿Por qué é festivo en Puerto Rico? Porque hoxe é
memorial day nos EEUU. Hoxe lle damos as gracias o Tío Sam por pasarse a vida defendendo a democracia. Claro, a base de sangre e lume, que é a única forma que coñecen.
Aquí tedes un link as guerras do Tío Sam. Eu hoxe levanteime con ganas de bombardear algún país. República Dominicana por exemplo. Queda xusto aquí o lado, seguro que non teñen exercito, fago unha campaña ca FOX para defender a miña invasión, gasto o diñeiro da xente nunha empresa armamentística da que son accionista, e digo que estou na búsqueda de armas de destrucción masiva. Logo o mellor non hai nada, pero xa que estamos non nos vamos ir de volta tan rápido. Na República Dominicana non hai petróleo, pero temos man de obra barata, seguro que as nosas empresas poden facer algún tipo de negocio pola illa. Pero non me fagades moito caso, seguro que as cousas que acabo de decir non pasan hoxe en día, ¿ou sí? Aquí vai unha foto do coche dun verdadeiro patriota puertorriqueño-ianki, ou como carallo se lles poda chamar. Eu quero unha, non mellor un pegata que poña: "God, guns and guts made this country, lets keep all three.".