viernes, mayo 25, 2007

Soedade

Esta é unha cidade moi curiosa. Hai preto de 7 millóns de persoas pero moitísima soedade. Ves a xente no metro e casi non hai conversación, todos co seu iPod de merda escoitando non sei que carallos.

A xente dí que non EEUU vívese para traballar, eu polo que teño visto discrepo totalmente. Hai que ver Grand Central a partires das 16:30 como marcha todo o mundo a casa a ver o xogo de beíbol ou non sei que na TV.

jueves, marzo 29, 2007

Dell e Linux

Ola xente:

Pois hoxe lendo El País lin esta maravillosa nova.

Polo demais o 17 marcho a New York, vou xogar nas maiores. Estou ata os collóns deste país de merda. En certo xeito creo que perdín dous anos da miña vida. O 1 de abril é o meu último día de traballo en Timofónica, que se poña a encher boletos outra xente, a mín xa me tocaron os collóns abondo.

Colguei máis fotos no servidor. Podedes velas aquí.

martes, marzo 06, 2007

Reestructuracion de Timofonica

Pois hai unha reestructuración en Timofónica de tres pares de collóns. Xa me dixo polo baixo un tío que me fora buscando traballo antes de rematar o mes. A mín non me preocupa moito, porque só tiña pensado traballar ata rematar marzo. Gustaríame mandarlles tomar polo cú pero o mellor o fan eles. O que me preocupa é que manden a rú a xente con quince e dez anos na empresa. Onte mandaron o para a preto de cuarenta persoas y hoxe unhas cantas. Ben, hoxe estaban nun hotel dando o "kick-off" da reestructuración.

Por qué pasa isto? Non me ides creer, por culpa dun madrileño (David Ruiz) de merda que veu a illa fai dous anos e ascendeu por bicarlle o cú os xefes. O despediron de Next e agora quere coller un posto e non lle importa a quen lle pase por rriba. Pois nada preto de cincuenta persoas a rúa por culpa do merda ese. Non fai un carallo e é CCNP gracias a que a compañia lle pagou os exames. Carallo! Se son xefe e en vez de traballar me poño a estudar eu tamén podo chegar a CCNP. Logo esta o merda neoliberal do meu xefe e o neuyorican de merda de Joe Vázquez. Entre os tres unha cantidade considerable de xente a puta rúa.

Ahhhh! Unha bóa nova. Montei unha galería de fotos no meu portátil. Podedes vela aquí.

sábado, febrero 17, 2007

Aumento

Ola xente:

Hoxe recibimos unha bóa nova, recibimos un aumento no soldo. Agora xa non gañaremos $8/hora, a partir de marzo gañaremos $8.50/hora. A este paso vou chegar a millonario antes de que remate o ano. Non teño ningunha dúbida. Menuda merda de traballo, menos mal que só me quedan menos de dous meses nel. Que lle den polo cú a Timofónica e a Cesar Alierta e a súa puta nai.

lunes, enero 29, 2007

Vai casar

O outro día chegou o traballo un compañeiro decindo que coñeceu unha tía que tiña casa, coche e era enxeñeira química e que pensaba casar con ela se perdía 25 libras. Que podía ser a muller da súa vida. E vai e lle di o outro: "Willie dejate de salir tanto y asienta la cabeza." E o tío con 22 anos pensando en ter unha nena, que quere unha nena. E todo esto tendo un traballo de merda. ¿Terán cabeza estes?

Eu pola miña parte continuo preparando o LPI 2.

domingo, enero 07, 2007

Non empeza mal o ano

Pois por fin o Depor volveu gañar. Xa era hora, nove partidos eran moitos. A ver se collen confianza e non pasamos apuros a final de temporada.

Configurei as X e a Airport Extreme no meu novo iBook en Gentoo. Tamén me custou, sobre todo as X. Ca Airport Extreme xa teño bastante experiencia, sobre todo en Debian e Ubuntu. Mirade que guapo.

A última do traballo. "Non se pode ver Brokeback Mountain porque saen homes besándose." ¿Terán medo de volverse homosexuais? Non sei cal será o problema que teñen. O mellor pensan que a homosexualidade é unha enfermedade e se transfiere polo aire, non sei. Son parvos de carallo.

Estou a mirar se atopo outro traballo. Teño medo de rodearme de tanta cultura.

Je suis CCNA, ¿:Et vous?

sábado, diciembre 30, 2006

Feliz ano

Nada xente, só quería desexarvos un bó nadal e feliz ani novo. Que lle den moito polo cú o 2006 para mín foi un desastre de ano, menos mal que non vai voltar nunca máis.

Polo demais todo ben, traballando no Zoo de Timofónica por $8/hora, a turno rotatorio e sen seguro médico nin hostias. Creo que o que peor levo é traballar cos subnormais estes, sobre todo co que só sirve para tirarse peidos. Creo que vou empezar a buscar outra cousa, esto é pouco menos que perder o tempo.

Un abrazo xente.